Inicio
Escolas

Galería
Asociación



tocaebailaengalego.com

A Asociación Cultural A Legua Dereita de O Corgo conta cunha modesta Escola de Cultura Tradicional Galega baixo a que se imparten varias aulas.

A asociación ten como obxectivo proporcionar a oportunidade de achegarse a disciplinas como son a música e o baile tradicional a toda aquela persoa que o desexe, independentemente da súa idade. Así mesmo, na Legua Dereita cremos que todo pai e nai ten dereito ao  aceso a este tipo de cultura galega para o seu fillo. É por iso que dende a asociación, dentro das nosas posibilidades,  tratamos de ofertar aulas específicas para os pequenos, e para adultos.

As aulas están a cargo de Pablo Varela e Laura Fouz (tocaebailaengalego.com), ensinantes que se adican profesionalmente ao ensino de Música e Baile Tradicional, con sobrada experiencia neste eido.

As aulas contan para este curso 2011/12 con aproximadamente 70 alumnos, e, no que foi o ano 2011, co ánimo de impulsar esta Escola cas novas aulas, fíxose un grande esforzo económico baseado en tres soportes:

  • En primeiro lugar grazas a solidaridade e traballo desinteresado dos compoñentes e familias do Grupo de MBT, con máis de 20 actuacións anuais, a costa ademáis das súas vacacións

  • En segundo lugar, as cotas dos propios alumnos, socios, traballo voluntario, axudas de iniciativa privada e a colaboración con outras asociacións da zona

  • Por último, unha axuda da administración provincial

Impártense no Centro Sociocultural de O Corgo, sendo os horarios das aulas os seguintes:

  • Aula de Música Tradicional Galega (Gaita e Percusión Galega do Grupo MBT): Sábados de 19: a 21h

  • Aula Gaita Galega: Mércores de 20:30 a 22h

  • Aula Infantil Iniciación Baile Tradicional: Venres de 19:30 a 20:30

  • Aula Baile Tradicional Galego (Grupo MBT): Sábado de 16:45 a 18:45

 
Colaboradores: